Venezuela

Eduardo Fra Molinero CAVE CANEM

FERROL

30 ene 2019 . Actualizado a las 10:54 h.

Cremos que o nome de Venezuela ven de Venecia cativa. Americo Vespucci vira palafitos no lago de Maracaibo e veulle lembranzas de Venecia. Seguramene tamén lle entrou morriña. Daquela Venecia era unha grande cidade con San Marcos e con pazos suntuosos de ricos comerciantes. Unha das cidades máis industriosa e libre de Europa. Era unha republica orgullosa da súa independencia que conservou até Napoleón.

Pero o territorio de Venezuela non se parecía en nada a Venecia.

Carlos V entregouno como concesión colonial á familia alemana Weiser polos préstamos para as guerras. Venezuela nunca deu saído da economía colonial. As clases podentes están moi lonxe de parecerse á burguesía da Venecia clásica. E o amigo americano, o modelo do Norte, non é tan amigo. Considera a toda América Central e do Sur terra colonial. Exáctamente o «patio de atrás».

Despois veu unha historia de ditaduras caudillistas con periodos de algo que se parecía a una democracia liberal.

Hai venezoláns que soñan coa dignidade, a xustiza social e a independencia, pero sofren a maldición de Sísifo. E sobre todo sofren a palabrería e o abuso das ilusións.

Agora nesta crise Europa está como ausente. E por aí asoman as mans de Rusia. Contan que tamén as de China. Pode haber un choque de imperios de verdade por controlar unha colonia rica en materias primas.

Os dirixentes de Venezuela tan só pensan a qué amo servir para asegurar os seus negocios, as súas divisas e a súa  prepotencia.

Venezuela. Venecia cativa.