Talento Ferrolán 2

ROBERTO TABOADA

FERROL

ADRIÁN FIGUEROA

Matarile Teatro presentou "El Cuello de la Jirafa" no festival ALT.16, en Vigo

14 mar 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

En 1986 creábase en Santiago de Compostela unha compañía de teatro que traballaba sobre as premisas da renovación escénica, mirando moito ao que estaba a pasar na Europa, é Matarile Teatro. Ana Vallés e Baltasar Patiño son os seus fundadores, unha ferrolá da Praza de España e un ferrolán das «Casa Baratas», que marcharon á capital, ­alí coñecéronse­ e traballaron para desenvolver toda a súa creatividade, que non é pouca. En 1993 abren a Sala Galán, lugar de peregrinaxe de varias xeracións de públicos ávidos de novas propostas ?das chamadas alternativas; esta foi a denominación xenérica deste teatros que daban cabida á danza contemporánea, ao teatro­danza ou postdramatismo, dende a iniciativa privada.

Dous anos despois organizan o festival de «danza para paseantes»­ En Pé de Pedra, ­ que tomou ao asalto as rúas, prazas e lugares singulares da cidade. Ambas programacións amosaban as singularidades dos novos xéneros e as propostas das compañías máis recoñecidas do panorama estatal e internacional. O desgaste e a incomprensión institucional pechan ambas iniciativas,­ no 2005 a sala e no 2007 o festival; grandes perdas para o tecido cultural do país. No 2011 sucumbe a compañía, non sen antes estrear o espectáculo Pechado por Aburrimiento, un manifesto elocuente contra o deseinterés.

Tres anos de retirada e un regreso explosivo; creando catro espectáculos nos tres anos seguintes, pon a MATARILE TEATRO na celebración dos seus 30 «primeiros» anos de vida, coa representación de forma consecutiva, entre o 1 e 5 de marzo, de Teatro Invisible­, un unipersoal creado e interpretado por Ana Vallés, e Staying Alive, unha peza de danza con Vallés, Nuria Sotelo, Rut Balbís e Mónica Garcia, Hombres Bisagra, ­ un retro concerto electrónico bailado­ e o derradeiro espectáculo El Cuello de la Jirafa. O programa desenvolveuse no Teatro Principal de Compostela, violando os seus espazos e recolocando ao público en lugares distintos dos das súas butacas. A actividade completoúse cunha xornada de reflexión sobre a creación escénica contemporánea.

O pasado venres 11 e sábado 12 Matarile extendeu a súa celebración ás terras do sur, Vigo,­ e presentou El Cuello de la Jirafa no festival ALT.16, actividade dedicada á creación contemporánea, xa na edición 15, a máis mermada de todas no económico. O escenario do Auditorio Municipal acolleu a peza: o público sentado ao redor dunha mesa que bordeaba o escenario e a cía. Ana Vallés (creadora e directora), Enrique Gavilán (profesor universitario de Valladolid), Mónica Garcia e María Roja (bailarinas), Baltasar Patiño (iluminador e facedor de belos efectos) e o ferrolán Óscar Codesido (profesor da ESAD)­ no interior, compartindo o espazo da acción, a comunión entre ambos déixase notar no resultado embriagador da función.

O público percorre dende o exterior o traxecto acompañado pola palabra de Gavilán, sube ao escenario e ocupa a súa cadeira, as accións vanse desenvolvendo interseccionándose unha con outra, acontencendo con fluidez e axilidade, a mesma que amosan os corpos das bailarinas na execución das súas partituras. Vallés & Ratiño arrecenden talento ferrolán no exterior, cando na casa?