Elia Rico Lagarón (Meira, 1949) asumiu o 13 de abril a presidencia da asociación veciñal de Canido. Un lugar no que, asegura, «hai vida de barrio» dende sempre. E non se perdeu.
-¿Cales son os principais obxetivos para a asociación?
-Desde o punto de vista de infraestructuras hai carencias. Hai rúas en mal estado, é importante saber cando van comenzar a rematar as actuacións do Urban... Hai edificios no barrio, como a Casa do Patín, que poderían ser recuperados como inmobles dedicados a servizos... Moitas cousas.
-¿E no eido social?
-Canido, por poboación e idade dos habitantes, tería que ter algún espazo para facer unha primeira asistencia sanitaria pública. Nós, na asociación, facemos algunha tarefa nese sentido, pero consideramos que non é a nosa misión, senón da sanidade pública. Por outra banda, desde o punto de vista das tradicións, estamos intentando dinamizar o barrio con festas propias, como é o caso dos Maios, ou outras que vamos por en marcha, como o San Xoán. Queremos que a xente participe.
-¿Hai un auxe en Canido?
-Era un barrio moi descoñecido que ten moitas cousas bonitas, moito verde. Tamén e verdade qué houbo actuacións urbanísticas agresivas coa maneira de ser do barrio, pero tamén se conservou a arquitectura propia. E iso é positivo.
-¿En Canido hai vida de barrio?
-Si. En Canido hai vida de barrio, sempre a houbo en non morreu. Cos seus altibaixos, pero sempre houbo unha relación moi especial entre veciños, vida comunitaria.
-Foi concelleira co BNG. ¿Como valora agora estar ao frente dunha asociación veciñal?
-Pois estás enclavada nun barrio e vives as súas virtudes e os seus defectos. E, como presidenta, estás en función do que reclama a xente do barrio. A asociación presta un servizo. Pero eu teño claro que a política tamén ten que estar para prestar servizo público.
cidadáns elia rico, presidenta da asociación veciñal de canido