Educación e equidade social


Escoito a preocupación do pai dun fillo cun serio problema de saúde que o leva á incapacidade permantente. O pai é unha persoa animosa, sabe as consecuencias do problema e como afrontalas; con todo, sen queixarse, deixame de pasada un comentario pesaroso sobre o futuro da súa filla maior. A falta dun trimestre para graduarse na universidade, non lle deron a súa beca habitual por mor dos recortes, e na casa non hai cartos para afrontar tantas necesidades.

Este caso, un entre moitos, impresiona tanto pola entereza do protagonista como pola fonda inxustiza destes efectos colaterais das medidas de axuste constante que vivimos. Ademais do drama persoal, nada menor, estamos a acumular un drama colectivo latente de consecuencias tan previsibles como difíciles de cuantificar. A tesoura implacable en medidas sociais, sanidade e educación están a mover o país ao lado escuro da equidade. Recupéranse imaxes de precariedade dos anos sesenta e anteriores cando moitas persoas ven coutado o seu acceso a recursos básicos.

No eido da educación, moi pouco da LOMCE boga cara á equidade. Antes ao contrario, rexurden barreiras anteriores á lei xeral de educación de Villar Palasí no tardo franquismo que propiciarán que estuden os que podan pagalo, especialmente nos niveis superiores.

A defensa dun acordo educativo polo PP da oposición non se debe tornar nun rodillo demoledor.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ferrol

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
3 votos

Educación e equidade social