A líder da central achaca falla de vontade política coa comarca
20 nov 2012 . Actualizado a las 07:00 h.Recorda que o seus primeiros contactos con CC.?OO. os tivo no ano 1984, cando polo xulgado de Ferrol pasaron os detidos nunha manifestación en defensa do naval, algúns dirixentes deste sindicato. Tiveron que pasar anos para que pasase a formar parte da dirección da central, etapa de oito anos que culminou o pasado venres co seu nomeamento como secretaria comarcal. Auri Vázquez é a primeira muller en asumir este cargo en Ferrolterra.
-¿Recibiu moitos parabéns?
-Si, entendo a trascendencia, xa que Ferrol ten a importancia que ten. É a cuna do movemento obreiro. Sempre houbo mulleres, pero non eran visibles, así que son conscente da importancia que ten que neste momento ao seu frente esté unha muller. Ainda que non é mérito meu, senón da miña organización, que traballa por incorporar ás mulleres. En CC.OO. as mulleres están tendo xa un traballo destacado e visible.
-A situación hoxe é moi complexa. ¿Non vacilou á hora de pensar en poñerse ao frente do sindicato na comarca?
-Vacilei antes de tomar a decisión, que foi moi meditada, pero unha vez tomada, non vacilei. Son moi consciente de que, dende logo, non é o momento máis cómodo para acceder a unha responsabilidade como esta, xa que estamos no peor momento da democracia. Pero son moi consciente de que era o momento de dar o paso. Os equipos hai que renovalos e en Ferrol está entrando xente nova con moitísimas ganas de traballar. Así que sí queda ir para adiante con ganas e ilusión.
-Esgotouse o prazo pedido para realizar axustes no proxecto do dique flotante que se demanda para Navantia.
-Falta vontade política. Que non tivera un reflexo nos orzamentos para o ano que ven é moi indicativo. Ogallá que esté equivocada, pero creo que non hai vontade. Vamos a seguir pelexando polo dique e pola carga de traballo, pero non son nada optimista. A Ferrolterra, ás tres comarcas, non nos queda outra cousa que o naval. Estamos asistindo ao desmantelamento da industria; só nos queda Navantia e están acabando con ela. Sin naval, a comarca morre. Queren deixar que esta comarca morra por inanición, pero vamos a loitar.
-Tamén se plantexan dúbidas sobre proxectos de continuidade da central térmica pontesa.
-É outra noticia preocupante. Os de fora ven unha comarca que se abandona dende o Estado e a Xunta, o que produce un efecto fuxida e impide que veñan inversións aquí.
-CC.OO. participou dende o comenzo na Asociación Impulsora do Plan Ferrol. ¿Seguirá este programa na súa axenda?
-O Plan Ferrol está morto. Deixáronno morrer da misma maneira que están deixando morrer esta comarca. Empezamos moi convencidos de que era necesario e, ainda que non funcionou como era debido, sí se fixeron cousas importantes. Despois, nos mantivémonos cando o PP dixo que iba a darlle un impulso, seguimos porque pensamos que era necesario. Hoxe pensamos que o PP veu buscando a foto publicitaria e a vender fume a esta comarca. O único que queda é o plan de industrialización das tres comarcas, pero é insuficiente. O certo é que non hai plan, non temos que estar en ningún sitio porque non hai nada.
auri vázquez secretaria comarcal de cc.?oo.