Problemas crónicos e do día a día

J. Carlos Lopes

FERROL

Cremos que a concelleira de barrio pode ser de utilidade. Como todo, dependerá de se o traballo se leva á práctica de forma constante e organizada. Isto aforraríanos andar detrás das concellerías, e a elas, canalizar mellor os problemas de cada barrio. Por desgraza, estes son moitos e múltiples: algúns que van aparecendo día a día e outros xa crónicos. Intentando priorizar, diríamos que no tema da reforma da estrada de Catabois preocúpanos o xa inevitable caos á hora das obras, nas que practicamente se interviu ao tempo a totalidade da estrada; o mal funcionamento dos sumidoiros, os problemas cos portais, garaxes e negocios, nos que nalgún caso se ignora á veciñanza que os padece. Outros son a falta ou deterioro do firme de camiños, o perigo do muro cara a vía da Feve, así coma a pasarela, vertedoiros incontrolados e a limpeza de terreos municipais.