«O PXOM ten que ser respectuoso»

La Voz

FERROL

Ángel Alvariño (Pedroso, 1966) entrou por primiera vez no Concello no ano 2007, apoiando a candidatura de Carlos Pita. A renuncia deste deixou a Alvariño ao fronte da oposición.

-¿Cal é a súa principal baza para loitar pola alcaldía?

-En tempos de crise, a mellor opción é unha xestión eficiente e transparente, na que os gastos sociais e as inversións necesarias ocupen un lugar importante, eliminando ao mesmo tempo gastos superfluos. Tamén queremos fomentar a creación de pequenas empresas e impulsar a industria marisqueira.

-¿E en proxectos concretos?

-Temos previsto mellorar os servizos básicos, como o saneamento, coa mellora da depuradora e o remate do abastecemento de auga. Tamén queremos mellorar as estradas e beirarrúas, o alumeado e o soterramento das liñas eléctricas.

-Cun plan de urbanismo en elaboración, ¿cal é a súa visión da ordenación municipal?

-Ten que ser respectuoso co entorno e respectuoso coa nosa tradición.