A praia de Cariño é un lugar especialmente fermoso polo seu emprazamento, a carón da entrada da nosa ría. As súas augas tranquilas e claras convertiron este pequeno areal nun destino perfecto para familias con nenos, namentras que a beleza dos seus fondos mariños atraen a afecionados ao submarinismo. En definitiva, trátase dun lugar perfecto para disfrutar da natureza en estado puro. E así debe seguir sendo.
É unha misión de todos, e especialmente das administracións, establecer medidas efectivas para que conservación do medio e progreso vaian da man. Temos que facer o posible para que a co-existencia sexa posible.
Nestes últimos dous meses os veciños e veciñas de Cariño veñen alertando dunha placa sólida que cubre parte do fondo mariño nas inmediacións do areal. Foi entón cando a Concellería de Medio Ambiente activa un dispositivo especial de conservación e limpeza na zona para retirar diariamente os residuos que chegaban á praia como consecuencia das mareas.
Paralelamente, o Concello deulle traslado ás administracións e organismos con competencias en materia de contaminación ambiental marítima da denuncia realizada polos veciños da zona co obxetivo de que tomasen as medidas oportunas para a súa limpeza e que se esclarecese a súa procedencia.
Respostas rápidas
Dar respostas rápidas e efectivas aos problemas de contaminación que se están a observar nos últimos meses debe de ser un obxectivo prioritario.
Os obxectivos de conservar a nosa riqueza costeira e poñer os medios necesarios para que os usuarios disfruten destes lugares son metas irrenunciables.
As administracións debemos aclarar o sucedido, esixir responsabilidades aos autores do verquido, limpar os fondos mariños e o areal, e poñer os medios necesarios para que isto non volva a suceder.