O servizo de buses nocturnos da Xunta volve funcionar mañá

La Voz

FERROL

03 ene 2007 . Actualizado a las 06:00 h.

O servizo de autobuses nocturnos da Xunta, o chamado Noitebús, que busca evitar que os mozos conduzan cando saen de copas, estará operativo na comarca tanto mañá como pasado. Así, en ambas noites funcionarán tres liñas de autobuses que serán de ida e volta. Estará operativo o traxecto de Ferrol-Pontedeume (que pasa por Ferrol, Fene, Mugardos, Ares e Pontedeume), o de Ferrol-Neda (por Ferrol, Narón e Neda) e o de Ferrol-Cedeira (por Ferrol, Narón, Valdoviño e Cedeira). Para consultar horarios pódese chamar ás empresas Arriva, Tranvías de Ferrol e Rialsa.