Sen saber moi ben por que (nin os mesmos promotores nin o Concello son quen de aclaralo) o proxecto do grupo A Capela para construír a residencia de anciáns en Rego da Moa (Fene) quedou atragantado nalgún punto da tramitación. Onte, tanto o goberno local fenés como os propietarios indicaba que os problemas estiveron nas trabas de Urbanismo pola situación do edificio e o volume da edificación. Por iso, ambas partes coincidían en que agora, ao optar polo derribo, será máis fácil que a iniciativa ao fin poida ver a luz verde. Curiosas foron as voltas que deu o proxecto ao longo destes anos. Tras compralo no 2001, os propietarios xa contaban que a residencia estivese en marcha no 2005. Non puido ser. E iso que o seu proxecto incluso chegou a acadar unha subvención dos fondos europeos Proder.