O cambio climático alonxa ás becadas

La Voz

FERROL

AS ESPECIES

09 dic 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

¿Como vai a tempada en canto ás especies? Tralas consultas feitas en varias sociedades de caza de Ferrolterra, Eume e Ortegal hai un dato que chama a atención. Este ano non hai becadas na comarca, uns paxaros do tamaño dunha pomba que habitualmente e de forma histórica se cazan no norte coruñés. A razón da ausencia de estas aves sábena á perfección nas sociedades de caza. Tal e como conta o presidente da federación provincial, Sáa Casariego, as becadas, que son aves migratorias cuxo lugar de orixe é o centro e o norte de Europa, non viaxaron este ano a Galicia por unha cuestión: «Ao non facer frío na súa zona, xa non tiveron que emigrar así que, de momento, non viñeron». Por outra banda, os cazadores de Ferrol din que este ano houbo un repunte de coello, algo que non habitual na comarca nos últimos anos.