«Non hai afastamento co PSOE»

La Voz

FERROL

Para Xaime Bello a actuación debe ser conxunta na oposición, pero sen perder «os sinais de identidade». -O positivo é ter un diálogo constante. Compartir puntos de vista. Pero tamén hai diferenzas de criterio. Non sería bo que a oposición fose percibida como algo totalmente unitario. -¿Houbo un afastamento co PSOE? -Non hai afastamento co PSOE. Non é igual, claro, o traballo no goberno que na oposición, pero temos unha relación moi próxima. Hai moitas reunións bilaterais co PSOE, sobre todo sobre proxectos iniciados no anterior mandato. Ademais, recuperar o goberno pasa por novos acordos BNG-PSOE, sen descartar a outras forzas políticas, claro. -¿Como definiría politicamente a Juan Juncal? -Fáltanlle reflexos e cintura política. En doce meses logrou que a cousa estea como está. É o peor que lle podía pasar. -¿A Juan Fernández? -Agora mesmo é un tornado na institución municipal. -¿Amable Dopico? -É un compañeiro de traballo e tamén é un amigo. Traballamos xuntos durante catro anos e creo que o podemos facer de novo no futuro. -¿Yolanda Díaz? -Afable. Está tendo unha primeira experiencia no Concello e está volcada.