TRIBUNA
11 mar 2004 . Actualizado a las 06:00 h.A CORPORACIÓN Municipal de Ferrol manifesta a súa repulsa ante esta nova manifestación de violencia. Un sanguento atentado que amosa, unha vez máis, a crueldade daqueles que non dubidan en impoñer as súas ideas mediante o uso do terror e a violencia. ETA pretende así atentar de forma directa contra todo o pobo español, e contra a esencia mesma da democracia. Estamos, con toda probabilidade, ante un dos atentados máis sanguentos e terribles que sufriu a democracia española. Este ataque criminal contra as liberdades e a democracia merece unha resposta unánime, firme e contundente de todos os demócratas. Unha resposta sen fisuras, e pese á proximidade no tempo dos feitos, tranquila. Unha resposta tallante, non só contra os terroristas, senón tamén contra os que os defenden e os xustifican. Por outra parte, o Concello de Ferrol quere transmitir as súas condolencias ás familias das víctimas deste atentado. Mostrar a nosa solidariedade, o noso respecto e a nosa dor. A Corporación Municipal do Concello de Ferrol quere, ademais, a través desta declaración institucional reiterar a súa condena ao uso da violencia terrorista que atenta contra as vidas e contra o Estado de Dereito, e facer un chamamento a favor da paz, da liberdade e da convivencia democrática. É precisamente o Estado de Dereito o marco para loitar contra a violencia, en colaboración coas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. Declaración institucional de la corporación de Ferrol firmada ayer por los grupos municipales de PP, BNG, IF, PSOE e IU y hecha pública por el alcalde.