«O horizonte do emprego é o que nos marca o camiño»

FERROL

Entrevista | Elena Menéndez Menéndez, que antes que delegada provincial foi inspectora de educación, asume o novo cargo anunciando que a porta do seu despacho «sempre estará aberta»

10 jun 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

Sente verdadeira paixón polo mundo educativo. Iso nótaselle. Cre que a formación é a porta que abre o futuro. Coñece ben os colexios da comarca -legado que lle deixou a súa longa traxectoria como inspectora-, e di que se algún obxectivo ten, por riba de calquera outro, é facer que os problemas que poidan ir aparecendo en cada centro se resolvan canto antes. -¿Cales son as características de Ferrolterra en canto a recursos educativos? -Cando se fala de oferta educativa non hai grandes deferencias entre unas comarcas e outras, porque o obxectivo da consellería é que todos os cidadáns galegos teñan ó seu alcance os mesmos recursos. -¿E como ten que ser esa educación? -Comprensiva coas persoas. E coa diversidade. -Os ciclos de formación profesional rexistran maior demanda. ¿Cal será o seu obxectivo? -A nosa oferta é moi ampla. Pero á hora de avaliar qué especialidades se implantan en cada lugar queremos ver qué é o que están a demandar os empresarios. O horizonte do emprego é o que nos marca o camiño. -Na educación hai moitos sectores implicados. ¿Que é o que lles ofrece vostede? -Diálogo permanente. A miña porta sempre estará aberta para quen teña algo que dicirme. Hai que saber entenderse, e buscar sempre o consenso.