«Necesitamos un gran pacto polo emprego»

La Voz

FERROL

¿Como solucionaría a situación económica do Concello? Cunha mellora sustancial dos ingresos, agora moi por debaixo doutros concellos similares. O PSOE defendeu sempre que Ferrol precisaba dun tratamento específico pola presencia da Mariña e de Defensa, que non aportan recursos como o resto da cidadanía. Vimos pedindo reiteradamente que esa contribución sexa realidade, e que se recoñeza a Ferrol un estatuto especial que estableza compensacións. Celebro que outras forzas se sumaran nestes anos á nosa iniciativa. ¿Cal será o proxecto estrela do seu mandato se gaña o día 25? Queremos futuro e ilusión para Ferrol, como outras grandes cidades socialistas e como realmente importa á cidadanía. A estrela da nosa proposta non son actuacións ailladas, senón un proxecto de futuro e para a xente. Queremos un Ferrol polo emprego, máis humano, dos dereitos de todos e todas, da cultura e da Universidade. Temos para acadalo propostas moi importantes, como o pacto polo emprego; o convenio con Defensa que recupere Sánchez Aguilera, os Arsenais e Capitanía; a peatonalización; a construcción de miles de vivendas; ou a calidade de vida de mulleres, xóvenes ou maiores. Pero o noso principal compromiso é un Ferrol para as personas. ¿Que faría para contribuir á xeración de emprego? Como principal problema de Ferrol, necesitamos firmar un gran pacto polo emprego entre empresarios, sindicatos, entidades financieiras e Universidade. Dará paso ó Consello de Desenvolvemento Local, que porá en marcha distintos programas de actuación, ademáis doutras medidas polo crecemento económico e as infraestructuras. O Concello xoga un papel básico na creación de emprego. Nisto tamén, outros partidos queren sumarse ó que sempre defendimos.