Noticias para aprender os Obxectivos do Desenvolvemento Sostible

Jesús Garrido

ESCUELA

Poñer fin á pobreza é o primeiro obxectivo de desenvolvemento sostible da Axenda 2030
Poñer fin á pobreza é o primeiro obxectivo de desenvolvemento sostible da Axenda 2030 internet

Un plan de aprendizaxe e posta en práctica desde o 2019 ata o 2030? «Longo mo fiades, amigo Sancho», dixo don Quixote cando Sancho lle falaba do futuro cheo de vaivéns e destino incerto. Pero, aos poucos, unha vez á semana, de cando en vez ou algo máis, iremos combinando esta noticia que reta ao tempo con outras. Farémolo lembrando cada semana os seguintes obxectivos e darémoslles vida e conexión actual con noticias que neste momento vanse reproducindo e son recollidas polo xornal. Será fácil e manteranos ao día de retos que se marca a ONU. Hoxe, por exemplo, dúas noticias acompañan ao primeiro obxectivo: poñer fin á pobreza. Adiante, pois, e aos poucos irémonos convencendo do que dixemos en primeira: «Aprender, coa noticia, na escola é xa aprender para a vida».

27 feb 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

 

Cos obxectivos de desenvolvemento sostible que fixa a Axenda 2030 preténdese: reducir as brechas, relacionar as diferenzas e restaurar a confianza aproximando as persoas arredor de obxectivos comúns. A unidade é o noso camiño: o noso futuro depende dela. Así o afirmou Anto?nio Guterres, secretario xeral das Nacións Unidas:

  • https://bit.ly/2xkLXfN

Os 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e as súas 169 metas son de carácter integrado e indivisible, de alcance mundial e de aplicación universal, teñen en conta as diferentes realidades, capacidades e niveis de desenvolvemento de cada país e respectan as súas políticas e prioridades nacionais. Tras un proceso de negociación, que involucrou a 193 Estados membros da ONU, o 25 de setembro do 2015, os 193 líderes mundiais aprobaron nun cume celebrado en Nova York en reunión plenaria de alto nivel da Asemblea Xeral unha axenda que leva por título Transformar o Noso Mundo: a Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible, que entrou en vigor o 1 de xaneiro de 2016.

1. Poñer fin á pobreza en todas as súas formas en todo o mundo.

2. Poñer fin á fame, lograr a seguridade alimentaria e a mellora da nutrición e promover a agricultura sostible.

3. Garantir unha vida sa e promover o benestar para todos en todas as idades.

4. Garantir unha educación inclusiva, equitativa e de calidade e promover oportunidades de aprendizaxe durante toda a vida para todos.

5. Lograr a igualdade entre os sexos e o empoderamento de todas as mulleres e nenas.

6. Garantir a dispoñibilidade de auga e a súa ordenación sostible e o saneamento para todos.

7. Garantir o acceso a unha enerxía alcanzable, segura, sostible e moderna para todos.

8. Promover o crecemento económico sostido, inclusivo e sostible, o emprego pleno e produtivo e o traballo decente para todos.

9. Construír infraestruturas resilientes, promover a industrialización inclusiva e sostible e fomentar a innovación.

10. Reducir a desigualdade entre os países.

11. Lograr que as cidades e os asentamentos humanos sexan inclusivos, seguros, resilientes e sostibles.

12. Garantir modalidades de consumo e produción sostibles.

13. Adoptar medidas urxentes para combater o cambio climático e os seus efectos.

14. Conservar e utilizar de xeito sostible os océanos, os mares e os recursos mariños para acadar o desenvolvemento sostible.

15. Protexer, restablecer e promover o uso sostible dos ecosistemas terrestres, efectuar unha ordenación sostible dos bosques, loitar contra a desertización, deter e reverter a degradación das terras e poñer freo á perda da diversidade biolóxica.

16. Promover sociedades pacíficas e inclusivas para o desenvolvemento sostible, facilitar o acceso á Xustiza para todos e crear institucións eficaces, responsables e inclusivas a todos os niveis.

17. Fortalecer os medios de execución e revitalizar a alianza mundial para o desenvolvemento sostible.

  • https://bit.ly/2Qf3vWi
  •  Propomos para os máis pequenos, algún vídeo que os vaia adestrando… aos poucos. Facémolo tamén en inglés, que eses obxectivos non poden ter fronteiras, e mesmo lles poden servir de documento nas súas sesións de idiomas.

 

actividades 

A1. «A lección máis grande do mundo» (parte 1.ª)

  • https://www.youtube.com/watch?v=GZ9jgbr-HMg

 

A2. «Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible: que son e como acadalos»

  •  https://www.youtube.com/watch?v=MCKH5xk8X-g

 

A3. «World’s Largest Lesson» (parte 3)

  •  https://www.youtube.com/watch?v=qBMii1Xj9rc

 

A4. «World’s Largest Lesson» (Part 3, en inglés)

  •  https://www.youtube.com/watch?v=ZdOQf0nOB6A