En primeira páxina explicamos un pouco en que consiste e que se pretende co Día Internacional dos Bosques 2018, aprobado pola ONU o 21 de decembro do 2012. Agora pretendemos distraernos un pouco máis vendo a beleza que os bosques nos ofrecen e, por suposto, recollendo de La Voz de Galicia algunhas noticias nas que se comproba o esforzo de quen loitan por manter en pé e cor viva a súa fermosura, valía e encanto. Non abonda con que os bosques existan, por belos que sexan. Hai xente, moita xente, esforzada xente, que os mantén. Uns, de lonxe, inventando programas e leis para que non se destrúan. Outros, a pé de tronco, para que vivan. Podes conectar coa noticia completa escribindo na lupa da versión dixital de La Voz o titular de cada unha.
22 mar 2018 . Actualizado a las 08:21 h.As Neves continuará a súa reforestación con 300 carballos
O Concello das Neves segue dando pasos para reforestar o monte arrasado polos incendios do 15 de outubro do ano pasado, que danaron arredor do 90 % do municipio. A Fundación de Amigos de Galicia doará trescentos carballos que estarán destinados a repoboar o monte de San Nomedio e a pista de acceso de xestión municipal. O alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez, e o director da Fundación de Amigos de Galicia, Jesús Busto, asinarán mañá o convenio polo que ambas as entidades se comprometen a repoboar esas zonas devastadas. A actividade implicará á totalidade do alumnado do colexio Marquesa do Pazo da Mercé e das escolas unitarias de Taboexa e Rubiós... (La Voz, 15/2/2018).
Últimos días para axudar os nenos da escola Golfiño a reforestar os montes queimados
«Eu reforesto» é o nome da campaña iniciada pola escola infantil Golfiño, dentro do programa Voz Natura, que converteu a traxedia do monte queimado o pasado verán en Galicia, máis de 50.000 hectáreas, nunha oportunidade para transmitir os valores do medio ambiente e a solidariedade aos seus pequenos. Ata o 4 de febreiro aínda se pode colaborar con esta iniciativa para reforestar os bosques achegando 1,50 euros para plantar unha árbore autóctona, de viveiros Veraleza, nas zonas máis damnificadas… (La Voz, 30/1/2018).
Zume novo para repoboar un dos mellores bosques do mundo
s traballos para recuperar o monte de Froxán non pasaron desapercibidos para os expertos da ONU que, tras unha visita ao bosque lousamán, decidiron distinguilo como un dos mellores do mundo. Para poder manter este título é necesario seguir realizando novas plantacións de especies autóctonas, que substitúan ás invasoras e permitan devolver a zona ao seu estado orixinal. Pero, para iso, ademais de voluntarios, necesítase diñeiro, e por ese motivo varias agrupacións -Verdegaia, Sociedade Coluna Sanfíns e a propia comunidade de montes de Froxán- iniciaron unha campaña… (La Voz, 21/1/2018).
Biólogos e ecoloxistas mobilízanse para que o acivro recupere a súa protección
Por sorpresa, pola porta de atrás e sen ningunha xustificación. Así cualifican os biólogos e os ecoloxistas a decisión da Consellería de Medio Ambiente de retirar a protección do acivro. Non só condenan a cuestión de fondo, senón tamén as formas: o acordo tomouse de forma unilateral, sen consultar a organismos asesores como o Consello Galego de Medio Ambiente e o Observatorio Galego de Biodiversidade, e aproveitando o decreto que regula a composición do Observatorio Galego de Educación Ambiental… (La Voz, 13/2/2018).
ACTIVIDADES
A1. Debuxa unha árbore (para nenos pequenos e non tanto…).
A2. Como ter en casa unha árbore do tamaño e cor que máis che guste… Moitísimos exemplos… seguidos:
- goo.gl/2uyACn
A3. Fotos de árbores (para artistas… maiores). Estas son as máis fermosas e belas do mundo… ata que ti poidas demostrar o contrario coa túa cámara máxica:
- goo.gl/rE8srJ
A4. ¿Estás de acordo coas seleccións de bosques realizadas por Minube, Skycanner e os informes que publica Wikipedia? Telos aquí:
- Bosques en Galicia: goo.gl/imxcgx
- Os 17 bosques de España para facer sendeirismo: goo.gl/pZ6EdS
- Bosques da península ibérica: goo.gl/1niXxD
- Bosques de Europa: goo.gl/1niXxD