Valores democráticos europeos

> Jesús Garrido / > chuchogarrido@icloud.com

ESCUELA

«A escola como comunidade democrática e espazo de participación cívica é un lugar privilexiado para traballar sobre aqueles valores democráticos que nos definen».
«A escola como comunidade democrática e espazo de participación cívica é un lugar privilexiado para traballar sobre aqueles valores democráticos que nos definen». NANDO

A Consellería de Educación incluíu Valores Democráticos Europeos como materia de libre configuración, tal como informou La Voz de Galicia o pasado 19 de agosto. No seu desenvolvemento, a consellería suxire que se utilicen metodoloxías activas para trasladar aos estudantes valores como igualdade, democracia, diversidade, respecto e inclusión. Ademais, afonda nos individuos como seres sociais e políticos e na inclusión na diversidade. Todo iso está en liña coa noticia da primeira páxina deste número de La Voz de la Escuela, na que vos recordamos a celebración do Día Internacional das Cidades o próximo 31 de outubro e o desenvolvemento que leva consigo a práctica dos valores sociais.

18 oct 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

«A escola como comunidade democrática e espazo de participación cívica é un lugar privilexiado para traballar sobre aqueles valores democráticos que nos definen». Así comeza a introdución ao currículo de Valores Democráticos Europeos, unha das catro novas materias de libre configuración autonómicaa que os centros escolares poden impartir este curso no primeiro ciclo da ESO.

Outra das materias é Consumo Responsable, que pretende formar a unha cidadanía máis crítica, autónoma e consciente dos seus dereitos e responsabilidades, trasladando aos alumnos a importancia de estar debidamente informados sobre as característicos dos bens, produtos e servizos postos á súa disposición no mercado e darlles a coñecer as vías e mecanismos á súa disposición para facer valer os seus dereitos.

 

As doce portas

PORTA 1: IGUALDADE

«Douche os meus ollos». Directora: Itzíar Bollaín. Aborda o tema da violencia machista. Ten valores dramáticos sen caer na labazada fácil.

Porta 2: Xustiza

«Myster River», dirixida por Clint Eastwood. Dereito á defensa, á protección, a que se faga xustiza… Os mesmos dereitos, igualdade de oportunidades.

Porta 3: Liberdade

«Sete virxes». Director: Alberto Rodríguez. A vida dentro e fóra dun correccional cando se é adolescente. Expresión, creatividade, independencia de ideas, crítica.

Porta 4: Medio AMBIENTE

«A historia do camelo que chora», de Byambasuren Davaa. Viaxe polo deserto para que unha camela admita o seu cameliño, de estraña cor branca…

Porta 5: Participación

«Os mozos do coro». Dirixida por Christophe Barratier. Importancia do grupo, educar desde a tolerancia e o respecto. Información, comunicación, voto, comunidade.

Porta 6: Paz

«Ser e ter», de Nicolas Philibert. Máis enfocada ao ámbito de como educar a través da palabra. Convivencia e resolución pacífica de

conflitos.

Porta 7: Persoa

«Héctor». Directora: Gracia Querejeta. É a toma de decisión, a autonomía, a procura de identidade cando se teñen 16 anos. Corpo, identidade, educación, individualidade, autonomía.

Porta 8: Pluralismo

«Quero ser como Beckham» (Gurinder Chadha, 2002). Jess, 18 anos: os pais queren que sexa unha moza india normal. Pero ela só quere xogar ao fútbol.

Porta 9: Solidariedade

«Cadea de favores» (2000), de Mimi Leder. Un alumno inventa un sistema simple: cada un debe axudar a tres persoas, que á súa vez deben axudar a outras tres, e así sucesivamente.

Porta 10: Tolerancia

«A lingua das bolboretas» (1999). Dirixida por José Luis Cuerda: A relación dentro dunha clase. Ideas contrarias ás propias, escoitar.

Porta 11: Traballo

«Auga con sal». Director: Pedro Pérez Rosado. Unha historia de mulleres que loitan por sobrevivir nesta sociedade de benestar. Profesión, diñeiro, tecnoloxía, progreso, laboriosidade.

Porta 12: Vida

«En América». Director: Jim Sheridam. Película sobre a vida e a morte. O peso da mochila que levamos cada un de nós. Saúde, benestar, pracer, sexualidade, humor, desenvolvemento vital.

actividades

Propomos o estudo e desenvolvemento lúdico do módulo audiovisual A cidade das 12 portas, en cuxo lintel figura o título dun valor cidadán que pode definirse como clave de cidadanía.

A actividade visual de cada porta complétase cunha película que facilita aos alumnos medianos e maiores unha sesión de cinefórum sobre o tema.

Na aula poden colocarse tamén 12 cartolinas. En cada unha delas figurará o título da porta para ir engadindo dúas ou tres noticias do xornal que teñan que ver cos valores que se defenden na cidadanía.

Os seguidores do Programa Prensa-Escuela poderán solicitar, se o desexan, o módulo completo A cidade das 12 portas en versión PDF, dirixíndose por correo electrónico a: chuchogarrido@icloud.com