A festa internacional do libro e dos dereitos de autor 2014 recórdanos que non somos lectores, sen máis, senón que o libro pode ser o noso amigo, confidente e incluso produto propio. E é que todo o mundo ten algo que dicir e escribir, fomentar, organizar, ademais de ler. Vemos algúns exemplos próximos que foron noticia no xornal.
23 abr 2014 . Actualizado a las 12:16 h.Literatura Infantil
Un salón con 23.000 lectores. Nada menos que preto de 23.000 lectores pasaron xa polo Pazo da Cultura para gozar das actividades que ofrece ata este próximo sábado o Salón do Libro, xa sexa as programadas para o público familiar como, por su posto, as dirixidas ex profeso para escolares. O Salón celebrará nesta xonrada o Día da Literatura Infantil dunha forma especial, coa repartirción de máis de trescentos volumes da súa biblioteca en centros de saúde do municipio, tanto á área de pediatría do Provincial como aos ambulatorios da Peregrina, A Parda, Monte Porreiro e Lérez, para facerlles máis amena a estancia aos nenos.
Nais que educan lectores en Monte Porreiro. Maite García Telmo, Ana Outón, Trini Miranda, Sonia Míguez e Alejandra Soto son cinco nais do barrio de Monte Porreiro. Algunhas fixeron amizade no parque onde ían pasear cos seus fillos, e Alejandra foi quen terminou de completar o círculo, pondo a todas en contacto. Ademais da afinidade persoal, algo que lles une é a súa inquietude cultural e estas nais plasmárona en equipo no Porxecto Picapau, o grupo de animación á lectura que formaron e que ten a súa base nas instalacións da biblioteca do centro cultural deste barrio. Alí afanáronse en organizar e ampliar os fondos con que conta a sala, pero tamén en celebrar sesións de contacontos acompañdas dos seus fillos, así como diversas actividades lúdicas e manualidades, sempre cun fin, animar aos máis pequenos á lectura.
Barómetro
A lectura en España. A porcentaxe de lectores de libros alcanza o 63% en España (2012). O 59,1% dos españois maiores de 14 anos le no seu tempo libre e o 47,2% fano cunha frecuencia diaria ou semanal. O perfil do lector en España segue sendo o dunha muller, con estudos universitarios, nova e urbana, que prefier a novela, le en castelán e faino por entretemento. Madrid segue sendo a comunidade con maior índice de lectores, seguida de Cantabria, País Vasco e Aragón. entre as menos lectoras sitúanse Murcia, Extremadura, Asturias e Castela-A Mancha. O 84,6% dos nenos entre 10 e 13 anos le libros no seu tempo libre, deles o 77,2% fano diaria ou semanalmente, porcentaxe que se incrementa en 2,1 puntos. Os de Geronimo Stilton e Harry Potter, os libros máis liddos entre os nenos de 10 a 13 anos.
Choiva de contos
Anxel Casal forxa pequenos grandes lectores. Como coa varicela, o virus do gusto pola lectura é mellor collelo de neno. a biblioteca Ánxel Casal afánase en inculcar o hábito de pasar as horas entre as páxinas dunha boa historia aos pequenos composteláns e, de feito, todos os sábados conta cunha actividade de contacontos que baixo o nome de Choiva de Contos fai as delicias dos nenos que alí se dan cita. non é a única actividade pensada para os máis pequenos da casa. Mañá memos está prevista unha nova sesión de contacontos, pero neste caso ten un toque especial. Raghda Tariq contará un conto en árabe que a súa filla Amal Abdemawla traducirá para que o poidan entender todos os presentes. Porque a emoción dunha boa historia non entende de linguas. Nin de idades.
Goodbye rivers
O emocionante «Adeus ríos, adeus fontes» dos nenos de Irlanda. Ela mesma recoñece que a elección non foi difícil. Xela Cuñarro Otero, unah nova profesora de Canas, que imparte clases na escola St. Mary´s Primary School, situada en Mullaghbawn, en Irlanda do norte, tiña o cometido de ensinar ao seus alumnos o legado e obra dunha escritora. Sen dubidalo, elexiu a Rosalía de Castro, pola reivindicación, sensibilidade e forza que encerran os seus poemas; pola significación que a poetisa ten para os galegos; e polo feito de que parte da súa obra se refira á emigración, un dos trazos que unen a Galicia e Irlanda.