Dúas suxestións para a lectura

La Voz

ESCUELA

Non podiamos falar de animación á ler sen traer a este curruncho da páxina algunha novidade e interese para os novos lectores: para os que están a entrenarse e para os que xa levan un pouco máis de camiño percorrido.

Para os primeiros, «O caderno de Ánxela», de Raquel Ricart Leal (a partir de 10 anos), conta a historia dunha nena chinesa adoptada ou, mellor dito, as súas preocupacións, a través do caderno que lle agasallan ao cumprir anos. «Ás veces quero morrer coa risa», de Birgit Schlieper e Nina Stahl, é a historia dun mozo que recibe aos 16 anos a noticia de que ten cancro e que vai morrer. Nos seus derradeiros días descobre o amor. Ambas as dúas novelas están publicadas por Editorial Galaxia.