Lecturas e actividades

La Voz

ESCUELA

Propomos ampliar os coñecementos do autor con dúas novidades editoriais

15 may 2013 . Actualizado a las 17:50 h.

- A primeira, unha biografía novelada titulada «Un chapeu negro e un nariz de pallaso. Tras os pasos de Roberto Vidal Bolaño». A publicación de Galaxia contén o texto (75 páxinas, con ilustracións) de Montse Pena Presas e o documental en DVD de Gonzalo Enríquez Veloso.

- A segunda está a piques de nacer. Falamos de «Roberto Vidal Bolaño. Acoutacións e diálogos. Antoloxía». Como di o título, trátase dunha escolma que publica a Biblioteca Gallega de La Voz de Galicia, que sairá á venda o día 17 co periódico. Poderase mercar xunto co xornal por 1 euro.

Actividades

- Se xa liches a biografía de Vidal Bolaño (como suxería a primeira páxina do sumplemento) completa a lista de homenaxeados no Día das Letras Galegas na web da RAG: www.realacademiagalega.org/

- O Seminario Galán é unha páxina que fornece recursos para o alumnado e o profesorado de ensino primario sobre diversas figuras das nosas letras. Os dedicados a Vidal Bolaño son moi divertidos:

http://seminariogalan.org/inicio/portada

Propomos ampliar os coñecementos do autor con dúas novidades editoriais.