Un libro multimedia, con DVD, CD e URL

La Voz

ESCUELA

10 abr 2013 . Actualizado a las 13:43 h.

Suso Cancelas, Javier Jurado e Pilar Sampil son os autores de «De roda en roda. Músicas e danzas do mundo», que vén de editar a Editorial Galaxia. O libro, de 72 páxinas, ilustrado en cor, complétase cun DVD e un CD que recollen as 21 danzas e a música que conforman os 21 capítulos do libro, un por cada unha das danzas. Francia (Alsacia, Bretaña), Italia, Escocia, Países Baixos, Estados Unidos, Rusia, Macedonia, Romanía, Israel, Portugal, Armenia, Grecia, Alemaña, Bélxica, Bulgaria e Liberia, amais de Navarra, Galicia, Canarias e Portugal son os protagonistas destes capítulos. Mellor dito, as súas danzas, de nomes como «rossenwalzer», «boanopstekker», «rumelaj», «pasacatre», «Tennessee wig walk», «funga alafia» ou muiñeira, por citar algúns, son as protagonistas destes capítulos.

O libro complétase cun glosario (moi interesante para os profanos) e algunhas ligazóns (URL) de Internet, algo hoxe en día inevitable.