Doantes de sangue

> Jesús Garrido > cursosrepeducador.es

ESCUELA

Recollemos noticias de La Voz que serven para un dos obxectivos principais de Prensa-Escuela: que a actualidade, o que sucede fóra de clase, teña referencia vital co que estudamos na aula. Lembramos a necesidade de ler o texto completo da noticia para situala mellor no seu contexto. Basta con escribir os títulos no buscador da páxina dixital de La Voz. Ánimo, pois, e imos coa páxina de hoxe, toda chea de vida e de solidariedade.

12 dic 2012 . Actualizado a las 13:00 h.

La Voz, 4/4/2012. As campañas de doazón de sangue calaron entre os veciños da Costa da Morte. En tempadas como a Semana Santa ou o verán é cando máis sangue demandan os hospitais debido ao repunte dos accidentes de tráfico, por unha banda, e ao descenso no número de doantes potenciais, polo outro. Nestas datas as demandas de sangue concéntranse nos grupos 0 positivo e A positivo, que representan case o 75 % da poboación galega.

n ACTIVIDADE: ¡Que ben iso de que a Costa da Morte se converta así en Costa da Vida! ¿Coñeces a alguén que poida vir explicarvos en clase, por exemplo, por que se fixo doante de sangue?

La Voz, 14/6/2012. Co lema «Cada doante de sangue é un heroe» preténdese recoñecer, no Día Mundial do Doante de Sangue, aos máis de dous millóns de persoas que en España realizan este labor altruísta, ao que se incorporaron nos últimos meses 234.750, que son o 40 por cento mozos de entre 18 e 30 anos. Cada minuto fanse catro transfusións de sangue, que se utilizaron para salvar en 2011 a 27.500 persoas por efecto exclusivo do sangue doado e que permitiu mellorar a calidade de vida a 130.000 enfermos ou accidentados, destaca a Federación Española de Doantes de Sangue.

n ACTIVIDADE: En xeral, adoitamos levantar estatuas e placas para os heroes de guerra. Pero estes xenerosos doantes entrarían, ademais, e con toda a honra, desa lembranza ao soldado descoñecido. Escríbelles unha carta: talvez o seu sangue pode salvar a nosa vida e non sabemos os seus nomes. Aproveita agora que estás san e ben.

4. DOANTES

Máis de dous millóns de «heroes» doan sangue en España

La Voz, 18/4/2012. Médicos e Sanidade rexeitan que se pague por doar sangue. ¿Por que? Martín Mancediño, presidente da Federación Española de Doantes de Sangue, rexeitou «taxativamente» a proposta porque non é «ético nin legal» comerciar co corpo humano, mentres que o portavoz da irmandade de doantes da Coruña, José Manuel Otero, destaca que «a mellor forma de preservar a saúde da persoa que vai recibir o sangue é a doazón altruísta».

n ACTIVIDADE: Os doantes, antes de ceder o seu sangue, deben encher un cuestionario anónimo no que expoñen se tiveron prácticas de risco, como drogadicción ou relacións sexuais múltiples e pouco seguras. ¿Debe ser anónima a doazón?

1. GRATIS

Médicos e Sanidade rexeitan que se pague por doar sangue

La Voz, 2/10/2012. MLa Voz, 2/10/2012. Medicina e Ciencias Políticas foron os centros da USC máis destacados o curso pasado en doazón de sangue. Contabilizáronse 6.502 doazóns, cunha taxa de 99 doantes por cada mil integrantes da comunidade universitaria galega. Nos restantes campus galegos a achega oscilou entre os 78 doantes por cada mil en Ourense aos 93 por mil en Pontevedra; con 90, 86 e 84 na Coruña, Ferrol e Vigo, respectivamente.

n ACTIVIDADE: Pois xa tedes un argumento para o voso escrito de opinión. Es médico, imaxínache: ¿Saberías buscar razóns médicas para doar sangue a outros? Es político: ¿deberías ser doante para promover con iso o benestar publico? ¿Que dis? Escribide, cada un desde os seus dous papeis, un texto de 15 liñas e lédeo en clase.

2. CLASIFICACIÓN

A doazón de sangue despunta en Medicina e Políticas

3. DEMANDA

Aumentan as doazóns de sangue na Costa da Morte