10 oct 2012 . Actualizado a las 11:50 h.
Trátase dun suplemento dixital diario do xornal dedicado a profesores e alumnos. É un modelo moi completo, accesible facilmente, aínda que de inglés se trate, onde noticia e área de ensino se complementan, suplementan, implementan.
O Smart Brief, diario dixital de noticias do grupo ASCD, escolleuno como unha das top ten stories do mes, pola súa conexión da noticia co quefacer diario das materias. Máis concretamente, achegando un sinxelo exemplo de noticia e matemáticas.
Algúns exemplos, sinxelos, moi utilizados tamén nas nosas clases diarias. Facemos unha tradución e aplicación libre, seleccionando só 4 dos 10 que propón.