Actividades

La Voz

ESCUELA

26 sep 2012 . Actualizado a las 13:24 h.

1. Investiga o que é unha alegoría. Na páxina http://www.ctv.es/USERS/luz/LNP.htm atoparás os primeiros poemas de «Longa noite de pedra». Busca algún no que se empregue esta figura e explícaa.

2. Para que pensedes. O símbolo está relacionado coa metáfora. ¿En que son distintos?

3. A noticia que recollía o descubrimento de dous poemas titúlase: «Achados dous poemas inéditos de Celso Emilio Ferreiro» (29-12-2011, na web). Pódela buscar na web de La Voz de Galicia escribindo o título no cadro buscador. A noticia liga con «O atraco», reprodución deste poema. Se tes acceso a Hemeroteca da edición impresa, poderás ler o outro inédito o que se titula «O mozo».

4. Na web da Real Academia Galega, no seu cabeceiro, podes atopar unha ligazón ás Letras galegas e, no despregable, ás Figuras homenaxeadas. Dende a listaxe, busca Celso Emilio Ferreiro, que fora honrado en 1989. Desde esta web hai varias ligazóns, algunhas delas a escolmas dos seus poemarios.

n Na web celsoemilioferreiro.org tes varios recursos. Amais da esperable bibliografía e dunha cronoloxía do autor, a sección Novas é indicativa da actualidade do poeta. Pero, sen dúbida, o máis interesante é a sección Fonoteca. Nela atoparás varios documentos sonoros, dende poemas declamados polo autor ata cancións compostas a partir dos seus versos.