O Guerra agarda pecha-la Liga cun triunfo que poder dedicar á afección

Pablo Penedo Vázquez
Pablo Penedo LALÍN

EDUCACIÓN

ROMÁN GUTIÉRREZ

A escadra lalinense mídese mañá no Cortizo a un asequible Universidad de León O filial xogará acto seguido co Ourense na procura dunha victoria que lle daría o ascenso

27 mar 2003 . Actualizado a las 06:00 h.

? ?res dos cinco equipos do Guerra Lalín afrontan mañá a conclusión das súas respectivas Ligas. O conxunto masculino de Primeira Nacional A será o primeiro en entrar en acción, na casa ante o Universidad de León (Cortizo, 17.00 horas) . Coa permanencia xa no bote, o obxectivo do plantel de David Rivero neste derradeiro encontro é o de conquerir unha victoria que poder ofrecer coma tributo ós seus fieis siareiros.Ó seu favor conta cun rival asequible. Neste senso, Celso González, xogador e responsable da área de comunicación do clube dezao, falaba onte do León coma «o mellor de entre os malos da Liga».No haber da escadra castelá figura, explica Celso, un plantel bastante compensado en tódalas súas liñas, aínda que «depende moito do equipo que desprace», xa que «normalmente non soe levar a tódolos seus efectivos fóra da casa, co que baixa moito nos seus desprazamentos».En condicións normais, o principal perigo do León é a súa liña de tres cuartos, que «cun par de pases faiche un ensaio», apoiada por unha dianteira «que resiste o que lle boten enriba».Sexa coma sexa, e veña quen veña no Universidade, os xogadores do Guerra teñen ó seu derradeiro contrincante de Liga coma un inimigo vencible. Neste senso, Celso lembra que «alá perderamos de dez, e sempre estiveramos dentro do partido».Nada máis remata-lo encontro, o filial disputará o seu peche de campaña ante o Ourense, segundo da clasificación. En xogo, a praza de ascenso á Primeira División Galega.Os de Jordedo precisan gañar ou cando menos empatar para amarra-lo primeiro posto que agora ostentan. Do contrario, arríscanse a un triple empate xunto co CRAT B, aínda que todo apunta a un triunfo local.