O estudio sociolingüístico da lingua galega no Concello de Vigo amosa certas melloras motivadas polo proceso de normalización Aínda que non está rematado, o estudio sociolingüístico do idioma galego no Concello de Vigo amosa certos avances para a lingua de Castelao respecto o estudio feito no ano 1998. Os vigueses teñen menos dificultades para ler e escribir fruito da aplicación da Lei de Normalización no ensino obrigatorio. Nembargantes, detéctase un descenso no uso cotián do galego respecto as xeracións máis vellas. O estudio foi feito pola Universidade de Vigo ó traveso dun convenio coa concellería para a Normalización Lingüística de Vigo. A concellería prepara outro estudio centrado na propia administración municipal.
25 jun 2002 . Actualizado a las 07:00 h.O traballo foi feito a través dunha enquisa a mil catrocentas persoas do municipio, e presenta unha porcentaxe de erro de menos tres por cento. Está estructurado en catro apartados que percorren dende a lingua inicial, pasando pola lingua habitual e as opinións lingüística, en un temario similar ó empregado no estudio do ano 1998. Os datos do estudio indican que un 22% dos vigueses aprenden a falar en galego, incrementándose a porcentaxe nun 4% respecto ó ano 1998. As persoas que aprenderon a falar nas dúas lenguas representan un 32,25%, experimentando tamén un alza. A maior mellora para o idioma galego céntrase nas dificultades para escribir, reducíndose agora ata o 13,7%, a porcentaxe de 1998 (22,1%). Respecto á lingua habitual, aumenta a porcentaxe das persoas que se declaran monolingües en galego (1998, 11,8%, 2002, 14,3%), mentras que disminúen as que empregan máis o castelán (do 37,7 o 32,4%). O dato máis preocupante está no uso maior do galego sobre o castelán, xa que agora é do 32,2%, namentres que hai cincuenta anos era do 63%.