«A actualidade é un criterio clave para implantar un curso»

La Voz

EDUCACIÓN

Pablo Sampedro, director dos cursos de verán da Universidade

08 jun 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

Dende o Estatuto de Autonomía ata o acoso no traballo son algúns dos temas que abordarán os cursos de verán da Universidade compostelana. O seu director, Pablo Sampedro, recoñece que a actualidade é un factor a primar na posta en marcha dos seminarios: ¿A actualidade é un criterio clave e un dos factores que máis se teñen en conta, pero é certo que outros son atemporais e escapan da actualidade. O que temos claro é que deben ter un contido divulgativo e non tan científico. ¿¿Os asistentes están sempre vinculados á temática do curso? ¿A maioría sí son persoas relacionadas co asunto a tratar, estudiantes, docentes universitarios ou de ensino medio. A xente que asiste cambia moito se o curso ten un enfoque interdisciplinar ou non. ¿¿Un nome de prestixio na lista de conferenciantes será un bo reclamo? ¿Cando un curso presenta un elenco con profesionais recoñecidos e de prestixio, si se prima á hora de facer a selección de cursos. Pero moitas veces hai conferenciantes relevantes de áreas concretas que a comisión non coñece, polo que esto é un papel máis dos directores dos cursos que da propia comisión. ¿¿A resposta dos alumnos aumentou nos últimos anos? ¿Pensamos que ía aumentar moito cando se lle deron créditos ós cursos, pero o incremento despois de esta decisión foi só dun dez por cento. O número de alumnos varía moi pouco dun ano a outro. De feito, movémonos nun intervalo de entre 1.200 a 1.500 estudiantes ó ano. ¿¿Cales son os criterios para repetir un curso? ¿Simplemente porque xa xurden cunha vocación de continuidade. Por exemplo, o seminario sobre a música do Camiño de Santiago xa naceu coa intención de seguir. De tódolos xeitos, tamén se ten en conta a demanda que teñen os cursos.