A versión inglesa de «Cousas», de Castelao, preséntase en Oxford

REDACCIÓN A CORUÑA

EDUCACIÓN

A obra de Castelao Cousas, que foi traducida ó inglés por un grupo de profesores do centro de estudios galegos da Universidade de Oxford, será presentada o sete de marzo no Queen''s College da cidade británica.

25 feb 2001 . Actualizado a las 06:00 h.

John Rutherford, director do centro que promove a investigación da lingua e a cultura galega en Gran Bretaña, dixo, en declaracións a axencia Efe, que a idea de traducir o pai do nacionalismo galego ó inglés foi de Craig Patterson, profesor que fixo unha «magnífica» tese doutoral sobre outro galeguista: Ramón Otero Pedrayo. A traducción de Castelao foi feita «en equipo» por Patterson e os tamén profesores Kirsty Hooper, Manuel Puga e Isabel Mancebo, todos membros do centro de estudios galegos. A versión inglesa de Cousas, Things, está publicada pola editorial galesa Planet, a mesma que editou Them (Eles), de Xosé Luís Méndez Ferrín, primeiro libro galego traducido o inglés polo centro de estudios galegos.