O sector do comercio ocupará a un 15% da poboación activa da comunidade nos próximos anos O sector do comercio ocupará a un 15% da poboación activa galega nos próximos anos. Por se fora pouco, o mercado vai demandar unha maior polivalencia dos profesionais. Estes dous feitos soportan de xeito argumental o proxecto da Consellería de Educación de deseñar un grupo de ciclos formativos de Formación Profesional Específica orientados exclusivamente á rama do comercio e mailo márketing. Estes cursos, que se están a desenrolar xa en institutos de toda a comunidade, abarcan as distintas áreas do sector (comercio, transporte e servicios ó consumidor), sobor de todo as que maior presencia teñen en Galicia.
22 dic 2000 . Actualizado a las 06:00 h.Catro ciclos de grao superior e un de grao medio forman a familia que a consellería puxo en marcha co obxecto de nutrir o mercado de profesionais cualificados. O considerable incremento das vendas, así coma os cambios experimentados na estructura comercial «coa incorporación, nalgúns casos, dunha competencia desmesurada», foron dous dos razoamentos que motivaron a Educación para incidir neste campo. Entre os denominadores dos cursos figura a especial atención que tódolos ciclos lle adican á atención ó cliente, que aparece coma un elemento diferenciador na calidade do servicio das empresas cara ó futuro. No caso dos ciclos de grao superior, o de Comercio internacional habilita ó alumno a traballar coma técnico ou adminitrador de comercio exterior, pero tamén no sector da loxística, o transporte e o almacenaxe de productos. Técnico das oficinas de información ó consumidor das administracións públicas e organismos privados en tódalas súas variantes forman parte do abano de saídas profesionais do ciclo Servicios ó consumidor. Xestión do transporte O título de Xestión comercial e márketing autoriza a traballar en calidade de técnico de compra e venda, de novas instalacións, encargado de almacén, xefe de loxística, entre outras labores. Tamén no grupo de grao superior, Xestión do transporte profundiza en cuestións relativas ó traballo dos axentes comerciais, consignatarios marítimos e xefes de administración en transporte terrestre, aéreo, marítimo... O único curso de grao medio é o de Comercio, un título que dalle a oportunidade ó estudiante de converterse nun encargado de tenda, empregado de reposición, xefe de caixa ou vendedor técnico. A familia de ciclos de Comercio e Márketing prevé distintas fórmulas de acceso dependendo de si se quere cursar o curso de grao medio ou os superiores. No primeiro caso, o solicitante pode acceder de forma directa se cumpre determinados requisitos -posuír o graduado da ESO, un título de técnico auxiliar...- ou ben a través dunha proba de acceso na que os contidos basearanse nos estudios da ESO. O acceso ós ciclos de grao superior teñen tamén estas duas opcións.