«O alumnado almorza mal»

La Voz

EDUCACIÓN

PATRICIA FERNÁNDEZ

JOSÉ XAVIER BOM A ENTREVISTA Elvira Cienfuegos, profesora do instituto Xelmírez II e dirixente de Adega Elvira Cienfuegos é, desde hai anos, unha das voces autorizadas do movimento ecoloxista en Compostela. Na cidade foi porta-voz do grupo da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega), alén de ter participado en diversas iniciativas de defensa ambiental. Recentemente ministrou en Santiago un seminario para docentes sobre a alimentación nas aulas, organizado por CIG-Ensino. Sobre este asunto traballa hai anos e elaborou un proxecto curricular, con apoio de Educación, orientado para a ESO.

13 oct 2000 . Actualizado a las 07:00 h.

Elvira Cienfuegos é docente no instituto Xelmírez II e colaborou sobre esta cuestión con José Francisco Pardo Teixeiro, profesor de Vigo. _¿Como é abordada a alimentación nas aulas? _A alimentación é a base dunha boa saúde, por iso debe ser un asunto de traballo nas aulas. Hai que informar da necesidade de saber comer, dos nutrientes, ou das calorías que se precisan. _¿É boa a alimentación do alumnado santiagués? -Polo xeral almorzan pouco pola mañá, e hai que insistir en que o fagan ben, porque é importante, polas moitas horas de actividade antes de xantar. O alumnado ten de se informar nas aulas sobre a importancia dunha dieta equilibrada; ou que debe consumir máis por exemplo verduras e frutas. E aprender a descobrir como satisfacer as súas necesidades de enerxía. _¿Que outros aspectos interesan, alén dos fisiolóxicos? _Hai moitas cuestións socioculturais que se poden traballar. Como a mudanza nos gostos, falar do que comían os avós e cómo, ou das tradicións doutras culturas. A alimentación depende da disponibilidade: antes de haber pataca os lares galegos cociñaban con castaña; por iso hai lugares onde se lles chamou castañas de terra. Ou o cultivo do millo, que é de hai só uns séculos.