Silleda licita o servizo de desbroces para reforzar a limpeza viaria no municipio
SILLEDA
O Concello de Silleda acaba de sacar a licitación o contrato de servicios de roza e limpeza de cunetas, beiravías e noiros dos camiños de competencia municipal. Son unhos traballos que executará no verán, nos meses de xuño, xullo e agosto. O contrato atópase publicado na PLataforma de Contratación do Sector Público e as empresas interesadas dispoñen de prazo ata o vindeiro día 23 para presentar as súas ofertas.
A xunta de goberno aprobou o expediente de contratación deste servizo por procedemento aberto simplificado e cun orzamento que ascende a 92.978 euros.
A alcaldesa de Silleda, Paula Fernández Pena, explica que este contrato permitirá «reforzar o traballo que realizan os tractores municipais durante o resto do ano, intensificando as actuacións de desbroce e limpeza nos meses de maior crecemento da vexetación». Destacou que «o obxectivo é mellorar a seguridade viaria e a necesaria limpeza de pistas, especialmente no rural, onde a vexetación medra con máis forza durante o verán».
Este servizo, engadeu a alcaldesa, completa os medios propios do Concello, permitindo chegar a máis puntos do municipio nin período clave. Uns reforzos cos que, di, «garantimos unha actuación máis áxil e eficaz, dando resposta as necesidades das parroquias e dos núcleis de poboación durante os meses de maior carga de traballo».