Silleda repartirá entre a mocidade un agasallo polo Día das Letras Galegs

La Voz LALÍN / LA VOZ

SILLEDA

13 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Durante esta semana a mocidade empadroada en Silleda recibirá un agasallo conmemorativo do Día das Letras Galegas, dedicado este ano ás cantareiras e a tradición oral galega. Na Casa da Xuventude poden retirarse camisolas e chapas baseadas na figura das cantareiras ata esgotar existencias. Esta acción de difusión vai dirixida aos máis novos, entre doce e trinta anos, que deberán levar o DNI para recibir o agasallo. Unha iniciativa enmarcada no programa do Concello de Silleda polas Letras Galegas, con citas como o festival Xonga o día 17.