Galiza Nova de Silleda pide que os colexios usen o galego de lingua vehicular

La Voz

SILLEDA

22 jul 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

A presenza feminina ao frente de colectivos silledenses segue medrando. Se o luns se sumaba Rosa Fernández ao frente de Adellís, onte presentouse Andrea Díaz como a nova responsable local de Galiza Nova. Sustitúe no posto a Pablo Santomé, que agora pasa a ser o responsable comarcal de Galiza Nova. Completan a directiva, Damián Santomé, responsable de finanzas, e Xerado Díaz, vicerresponsable local.

Andrea Díaz explicou onte que se marcan como obxectivo chegar á sociedade, «non só a mocidade senón tamén ós maiores» con actividades interxeneracionais. Unha das preocupacións que teñen é a «desgalegización» da xuventude. «Duns anos para acá os rapaces silledenses pasáronse o castelán sen saber ben por qué o fixeron», asegurou. Neste sentido, Galiza Nova pedirá a principios de curso reunións cos centros educativos para que o galego sexa a lingua vehicular. Acusou tamén o Concello de «non facer nada ante a desgaleguización da xuventude».

Damián Santomé fixo un chamamento para que os veciños asistan o Festigal que terá lugar o vindeiro 24 en Santiago, así como os actos en lembranza de Rosalía e Castelo, e a manifestación da Quintana. «Queremos trabalalr arreo e despois deste relevo xeneracional iremos moito mello», asegurou.

Os membros de Galiza Nova estuveron arroupados polo responsable comarcal do BBNG, Alberte Maceira, e por o responsable local, Óscar Ares. Este mostrou o seu apoio para as iniciativas. Maceira, pola súa banda, pideu respaldo para os actos do día 25 en Santiago en prol da lingua e do emprego. Anunciou que os responsables do Bloque de Galicia e as delegacións internacionais compartirán xantar co grupo da comarca.