Concepción Cochón é a coordinadora do colectivo Acode, que se está encargando dos campamentos de nadal para os rapaces de Silleda que empezaron onte e acabarán a vindeira semana. As actividades son de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas nas instalacións do colexio público.
-Qué actividades teñen preparadas para estes días?
-Polas mañás fanse manualidades e xogos de animación e tamén temos excursións. Tamén farán os traxes para participar na Cabalgata de Reis, na que se anotaron máis de corenta e non hai roupa para todos no Concello e non queremos que ningún quede fóra.
-¿Qué é o que máis lles gusta?
-Estar fóra e ir de excursión é o que máis lles gusta os rapaces. Mañá (por hoxe) imos ir o cine e a semana que ven hai unha excursión a Santiago para un obradoiro de prevención de riscos domésticos.
-Están nas mesmas instalacións do colexio, ¿os rapaces non sinten que seguen indo a clase?
-A maioría dos rapaces que participan son do programa Cascarón, e entón xa lle faltaba o tempo para que chegara hoxe. Como son tantos, a eles estar todo o día con nenos e xogando, gústalles. Os pais din que non hai forma de levalos para a casa, que queren estar alí todo o día. Como son tantos, están encantados. E tampouco relacionan o cole co campamento porque é unha aula específica para os xogos.
-Cantos están atendendo este campamento?
-Estamos catro monitoras e outros tres de prácticas.