Triste espectáculo no derbi trasdezao, suspendido

La Voz

SILLEDA

LAMELA-LARO / TRAZO 2-3 SILLEDA

13 dic 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

?amela e Laro non deron rematado esta fin de semana o derbi trasdezao da xornada de Segunda Rexional. Con empate a 0 no marcador, mediada a segunda parte, a expulsión do xogador local Lalo por unha agresión ao visitante Lamela orixinou unha trifulca entre ambos equipos que levou ao árbitro a suspender o choque. Quen si rematou a faena, e con estocada mortal, foi o veciño Silleda, que se impuxo por 2-3 ao Trazo. Javi Sánchez adiantou os trasdezaos no minuto 10. Os locais empataron a pouco do descanso, pero Javi González aínda tivo tempo de pór o 1-2 antes de enfilar para os vestiarios. Na segunda parte o Silleda enfriou o encontro e Manolo, nunha contra, resolveu co 1-3. O Trazo recurtou a 3 minutos do final cun penalti dubidoso.