Entre outubro de 2025 e febreiro de 2026 publiquei uns vídeos en YouTube na miña conta nos que, con ánimo de facer unha crítica política, fixen unhas manifestacións respecto a Policía Local e Concello de Lalín que foron desafortunadas. Nunca pretendín ofender nin menosprezar a ninguén, recoñecendo o meu exceso na forma da crítica. Os vídeos referíanse a un suceso relativo a unhas multas de aparcamento que consideraba inxustas. Pero lamentablemente excedinme nos modos e no exabrupto.
Co sosego necesario comprendín que aquelas expresións podían resultar ofensivas e fóra de lugar. Por iso me retracto integramente dos insultos e descalificativos que proferín sobre a Policía Local e o Concello de Lalín en aqueles vídeos. Procedín a borralos porque creo que o máis correcto. Fago público este artigo para desculparme polas miñas manifestacións inapropiadas e fóra de lugar. O insulto gratuíto non é crítica.