Agradecemento dos veciños de Gresande ao Pai Catanga

Parroquia Gresande

LALÍN

Estes días acollíamos con incerteza e incredulidade a nova do nomeamento de novos curas para Lalín e as súas parroquias. Por mala sorte a Nosa Parroquia de Gresande foi unha das que sufrirá ese cambio difícil de entender lamentablemente e toca despedirnos dunha persoa que deixa un listón moi alto para os seus sucesores, un home que fixo Parroquia e nos axudou a medrar como tal.

Pai Catanga.... Fai 5 anos chegaches a nosa parroquia de Gresande para darnos un sopro de aire fresco. Sempre con un sorriso, sempre amable, sempre dispoñible, sempre disposto a colaborar en todo o que che propoñiamos. Recibímoste cos brazos abertos e agora cústanos ter que despedirnos de ti.

Facémolo co corazón encollido, con incerteza e sabendo que te imos botar moito en falta. Ten por seguro que o que nos ensinaches, vivirá dentro de nós, que nunca esqueceremos todas as cousas boas que aportaches porque fuches, sen dúbida, un dos mellores pastores que rexentaron a parroquia de Santiago de Gresande.

Grazas por axudar a manter a luz do noso coro (das Mulleres de Barcia, Soutullo e Gresande) por defender a súa esencia e por entender e difundir que nas cousas mais sinxelas radican os momentos mais felices.

Grazas por ser o propulsor do San Antón Abad patrón dos animais que seguiremos tendo, e que cada ano foi medrando grazas a ti.

Grazas por esas comuñóns dos cativos que nunca esqueceremos polo bonitas que ti as fíxeche. Lembra que esta sempre será a túa parroquia e que aquí sempre terás as portas abertas así como ti nos abriches o teu corazón. Volve sempre que queiras!

E como dicíamos o principio o listón quedoulle moi arriba para quen lle toque ocupar o teu lugar. Cando se fan cambios hai que ter en conta a vos das persoas, dos veciños, estar ao seu carón, nunca por riba deles.