Lembranza da Feira do Vento de Lalín

Daniel González Alén LALÍN

LALÍN

Cedida por Daniel González Alén

09 abr 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Onte xoves de Pascua, a vila de Lalín estaría celebrando a súa Feira do Vento, unha feira anual que xa lembramos en varias ocasións. Non é a pandemia sanitaria a que fai que non teña celebración: hai corenta anos que deixou de celebrarse logo de ir esmorecendo na medida en que a Feira do Cocido de Lalín ía collendo pulo.

A tradicional feira, que comezou celebrándose no lugar do Vento de Bermés e tivo o seu apoxeo no século XIX, estaba chamada a desaparecer cando o gando cabalar, mular e asnal que eran o principal motivo de transacción, foron quedando relegados polos vehículos de tracción mecánica.

A feira aínda durou uns anos con outras mercadorías e sobre todo coa súa notable concorrencia de xente de tódalas idades que gozaban desta feira que constituía un verdadeiro día de festa no municipio lalinense.

Traemos aquí unhas imaxes e uns recortes de hai cen anos, que nos facilitaron varios amigos, outras que fomos atopando no Facebook, a maiores das que gardamos no noso arquivo da desaparecida Feira do Vento, da que os que pasamos dos cincuenta anos gardamos grata lembranza.