A plataforma Merca Lalín acada 5.000 visitas en seis días de funcionamento

a. f. LALÍN / LA VOZ

LALÍN

Miguel Souto

08 oct 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Lalín celebrará hoxe (20.30 horas, no hall do consistorio) a primeira das dúas reunións informativas previstas co comercio e coa hostalaría para dar resposta ás dúbidas de funcionamento da plataforma Merca Lalín, que arrancou oficialmente o pasado venres, e conseguiu mudar xa os primeiros datos dende a súa entrada en funcionamento.

A plataforma que se puxo en marcha con 70 establecementos e 850 produtos xa case logrou situarse no milleiro de produtos ofertados; «son exactamente 970 e 4 novos rexistros dende o venres pasado», explicou o representante da empresa que xestiona o portal de comercio online Daniel González. Unha plataforma que recibiu 5.000 visitas doutros tantos usuarios en seis días; unha cifra que González calificou de sorprendente, pero significou que « agora o reto é converter as visitas en compras e conseguir que haxa moito máis produto na plataforma». O xeito de introducir os produtos nos catálogos é unha das dúbidas que a miúdo prantexan os negocios adheridos á plataforma, según González. «A xestión e o stock de produtos é onde imos facer máis forza ao ser o que está xerando máis preguntas, a pesar de que a cuarta parte dos negocios que están nesta plataforma xa tiñan tenda propia online pero é algo complicado». González subliñou que a todos aqueles que conten cun catálogo dixital de produtos «importaráselles de inmediato ao Merca Lalín».

Á vista dos encontros para asesorar aos que forman parte da plataforma pero tamén aos que estean interesados en formar parte da mesma, «e tamén a todos os pequenos produtores xa que esta ferramenta lles poderá dar moita visibilidade».