Concerto de Fin de Ano en Lalín o día 30

amelia ferreiroa

LALÍN

27 dic 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

O sábado día 30, ás 20 horas, o Salón Teatro de Lalín quedará cativo para acoller unha das citas máis multitudinarias do ano na vila: o Concerto de Fin de Ano, no que compartirán protagonismo a Banda de Lalín, a Coral Polifónica e o Coro Luís Areán. O alcalde dixo onte ser consciente do problema de espazo. Cuíña pediu desculpas a quen poida afectar e garantiu que o ano que ven xa se volverá celebrar «no tamén escaso auditorio». Responsables das agrupacións valoraron outras localizacións, pero ningunha reunía os requisitos, segundo recoñeceu Alejandro Piñeiro, que pediu comprensión para o que será un dos eventos «ao que vén moita xente por ser especial». Un cento de músicos da banda que interpretará 3 pezas: Serenata de Strauss, Fantasmagorie de Alexander Kosmipki -obra de gran complexidade que soará por primeira vez en España despois de estrearse en Bélxica- e Obertura de Guillermo Tell. A Coral Polifónica irá a un repertorio de cancións populares e panxoliñas, e o Coro Luís Areán promete sorprendernos, como o fai sempre.

10.00 a 12.00 Voces de deza

El magacín que conduce Amelia Ferreiroa dará cuenta de la presentación del Festival Solidario a prol de Carabelo, que se celebrará en el Círculo de Recreo de Lalín. Además el programa abordará otros aspectos informativos de la actualidad de la jornada en los concellos de Deza y Tabeirós-Montes y como cada miércoles habrá espacio de A Teima en el que intervendrá hoy Lucas Requejo para aportar recomendaciones y consejos para mejorar aspectos de salud. Por otra parte en el programa se abordarán los distintos actos previstos para los próximos días desde el punto de vista lúdico y cultural encaminados a cerrar el presente año que prácticamente toca a su fin.