Arrancar compromisos de exequias en lingua galega

amelia ferreiroa

LALÍN

No disponible

O día 1 celebrase en Lalín o Día da restauración lingüística de Galicia

26 oct 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Coincidindo coa festividade de Santos, o vindeiro 1 de novembro de 12.30 a 13.15 horas, celebrarase en Lalín o Día da restauración lingüística de Galicia co que se pretende arrancar compromisos firmes de realizar exequias en lingua galega.

A iniciativa, organizada polo Círculo de Recreo de Lalín e a Asociación pola Normalización Lingüística, desenvolverase no cemiterio novo da vila contará coa participación de veciños que de maneira simbólica tomarán parte no levantamento dunha acta na que se recompilará o compromiso de que todo o relativo ás exequias se realice en lingua galega. Por outra banda o acto servirá tamén para solicitar das familias, autoridades relixiosas e civís do pobo así como ás empresas que operan na zona no eido dos servizos funerarios que «fagan na nosa lingua canto teñan que facer público, privado, oral ou por escrito», segundo apunta a organización. O acto rematará cunha actuación musical a cargo de Factor e Os do Carrasqués e a intervención de persoeiros a prol da lingua.