«Entrei de 26 na xeral por tempo, pero non é o mesmo ir nun grupo distinto que ir no de elite, gastas menos»
15 ago 2017 . Actualizado a las 05:00 h.Javi Busto acaba de proclamarse Campión de Europa de BTT cross country maratón (XCM) Master 35 na localidade eslovena de Svit. Un éxito que onte a tarde pouco antes de iniciar o retorno a Galicia xa sopesaba. O ciclista do Extol La Gramola Team, natural de Agolada pero censado en Lalín onde reside dende os nove años, detalla as sensacións que vintecatro horas despois deixa a súa vitoria.
-Estou un pouco sorprendido, porque sabíamos que ía ben de forma, que se podería aspirar a estar arriba, pero gañar... é moi complicado gañar un campionato deste tipo sen coñecer os rivais. Hai rusos eslovacos, italianos, moitas nacionalidades. Non coñeces esa xente e chegar a ser capaz de gañar nun circuíto tan duro e unha satisfacción enorme.
-¿É habitual ter desniveis tan elevados?
-En maratón non. En maratón non solen pasar de 120 quilómetros que xa son os máis longos, e con tanto desnivel tampouco, pódeste encontrar 3.000, 3.500 en un maratón duro pero xa 4.200 e o barro que había... Choveu a noite do sábado e armouse unha... O día anterior fun velo circuíto e estaba totalmente seco e despois da tormenta había un barrizal tremendo, non sei de onde saliu tanto barro.
-¿Cáles foron os momentos claves da carreira?
-Foi unha carreira diferente porque normalmente non se fan saídas separadas. Ó saír só os máster a estratexia cambia un pouco. Os primeiros quilómetros foron de tanteo, na primeira subida longa que había, sobre o quilómetro 20, empecei a tensar un pouco para probar á xente e quedámonos un grupiño de tres corredores e xa na ascensión grande do día aí xa se rompe o grupo e xa quedamos cada un pola súa conta. Xa tiña posición marcando unha distancia e hasta a meta foi tratar de regular e intentar chegar sen perder a posición. Aínda quedaba media carreira pero aí, había que regular. Non sabes se vas chegar a ese ritmo, si te van a pillar, si os outros van a ceder, si vas a ceder ti, un pouco comer, alimentarte ben, intentar apretar nas subidas, non ter fallos nas baixadas e aguantar, aguantar. aguantar...
-Que separaran elite e máster ¿prexudicoulle moito?
-Non sei porque fixeron esa diferenciación, nunca se fixeron as saídas separadas en maratón. Podían habelo feito para as outras categorías, para féminas, master 40, que tiñan menos distancia e saían máis tarde pero nos saiamos con dez minutos de retraso e coa mesma distancia e recorrido e de feito pese aos dez minutos perdidos pasamos a moitos elite.
Entrei no tempo 26 da xeral pero non é o mesmo ir nun grupo distinto que ir no grupo elite, cambia moito porque entras en un grupo bo que te leva e aquí es ti o que tes que marcar o ritmo o que tes que gastar, e moi diferente, hai xente de máis nivel e entonces sempre vas un pouquiño máis rápido que si foses ti solo.
-É un dos seus grandes éxitos
-É una vitoria importante porque é a nivel internacional, evidentemente, e máis sendo un campionato de Europa, non teño nada no palmarés que poida igualar esta vitoria.
-Estaba en España no máximo nivel pero é outra dimensión ¿non?
-O mellor hai carreiras, non que me custara máis gañar que esta, todas costa gañalas pero si ó mellor teño tido carreiras máis difíciles, máis apretadas. pero ó final está o nome da carreira o que significa un campionato de Europa.
-¿Case non vai competir?
-O xoves pola maña non sabiamos se iamos ir. Non o anunciamos porque foi un pouco loucura, saímos xoves as oito da tarde, marchamos ata Madrid para coller avión as seis da mañá e facturar antes, as catro... una noite sen durmir, corenta e oito horas antes de correr foi unhi loucura, voos caros... Pero dixemos vamos, é unha vez na vida, vamos a probalo. Decisión de ultimísima hora, se o xoves non houbera vos, e o avión ía a tope, xa non iamos. Tivemos moita sorte.
-Cáles son agora os retos?
-O máis importante que queda é o Campionato de España o 17 de setembro, e para a semana estaremos en Vilalba na última proba do Open de Galicia. Non teño opcións porque non corrín as dúas primeiras ó coincidir co Open de España pero queremos ver se nos meternos adiante ou ganar por equipos.