A Banda de Vilatuxe estrea unha nova xunta directiva

amelia ferreiroa

LALÍN

A dirección pretenden unificar escola e banda ademais de introducir charlas

20 dic 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

A Banda de Vilatuxe (Lalín) ten nova directiva cuxa presidencia recaeu en Alberto Blanco Souto, quen levaba xa oito anos en funcións directivas, que está acompañado por xente que xa ocupaba cargos na anterior etapa coma Luis González e Berta Santomé «e outra xente máis nova que é importante que se involucre e comece a coñecer as responsabilidades que conleva estar na dirección da banda», di o presidente. Unha liña de traballo continuista á par que innovadora. A unificación entre escola e banda, a posta en marcha de proxectos musicais e a formación son tres aspectos nos que se asentará o novo proxecto directivo. «A escola e a banda teñen fíos comúns e funcionaban da man pero tiñan entes distintos e a idea e fusionalos e no apartado de formación queremos inculcarlle aos rapaces outros valores que lle poidan servir para a vida con charlas, unha cada trimestre, sobre temas de actualidade coma violencia de xénero, redes sociais ou drogas». Un recén elexido novo presidente que reclama máis axudas para unha formación con máis de cen músicos federados.