«Estrearase un Encontro na Ruada»

amelia ferreiroa

LALÍN

López agarda que a feira esté ateigada malia a que se pronostica chuvia
López agarda que a feira esté ateigada malia a que se pronostica chuvia . miguel souto

A Feira dos Carballiños abrirase o vindeiro domingo con fogos e música como se fixera o 8 de outubro do 1916

03 may 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

A parroquia lalinense de Vilatuxe botará a vista atrás o próximo domingo e farao con motivo da celebración da súa feira más concorrida: a dos Carballiños que, nesta edición cumpre a nada despreciable idade de cen anos. Por mor desa importante data o presidente da Asociación de Veciños de Vilatuxe, Gerardo López Cobas, anuncia música e fogos para comezar a xornada.

-A prensa da época recolle que a primeira feira se fixo o 8 de outubro de 1916 con fogos e música e así o faremos tamén nós.

-¿Que novidades aportará a edición deste ano?

-Haberá unha nova recreación histórica e estrearase un Encontro na Ruada que correrá a cargo da Asociación Cultural e Xuvenil Ailola, as Pandereteiras As Maruxeiras e o alumnado de danza do colexio de Vilatuxe. Trátase dun número con cantos e baile recreando o que se facía nos anos 50 ou 60. Voltará a barraca de Barriga Verde con novo espectáculo: O cego dos monifates, contaremos tamén por primeira vez con xigantes e cabezudos e co grupo de acordeóns de Vila de Cruces.

-¿A maior parte dos expositores repiten experiencia?

-Temos expositores que xa estiveron noutras edicións pero tamén outros que virán por primeira vez. Pechamos o prazo de anotación e seguen chamando... Creo que teremos uns 140 postos diferentes e sen esquencernos, por suposto, dos produtos da zona que non poden faltar nesta feira ao igual que os artesáns.

-¿De cantas prazas disporán para xantar ou cear?

-Ao igual que en anteriores ocasións os visitantes poderán comer na feira. Sitio haberá. Calculamos que se disporá de máis de 2.000 prazas para comer na feira e logo están todos os restaurantes da contorna.

-¿Canta xente se move na organización?

-Un cento de persoas na organización e logo están todos os que colaboran coa feira que son moitos: Escudería O Toxo, Autocares Cuíña, Concello de Lalín, Deputación... Por certo que este venres estaremos no Luar da TVG montando unha pequena feira con produtos e con recreación histórica.