Prezo simbólico para a especial de Lalín de Arriba

La Voz

LALÍN

02 mar 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Tres euros é a colaboración que a Escudería Lalín-Deza pedirá ao público que acuda á especial do venres pola noite do Rali do Cocido, aínda que non será obrigatorio abonalos. A organización acordou establecer un prezo simbólico para o tramo de Lalín de Arriba que levará incluída unha pegatina do rali máis unha guía para non perderse os detalles dos pilotos participantes.

Dende Lalín-Deza subliñaron o carácter de «simbólico» da colaboración, menor das que habitualmente se cobran neste tipo de espectáculos, e engadiron que suporá unha axuda máis para o finanzamento da proba inaugural do Galego. O tramo terá 1,3 quilómetros de lonxitude e disputarase en Lalín de Arriba a partir das oito da tarde.