Lalín e Silleda acollen actos da Mesa pola Normalización

La Voz

LALÍN

O 13 de maio está programado un acto de apoio ao galego, convocado pola Mesa pola Normalización Lingüística, no museo Ramón Aller de Lalín. Ás 21.00 horas intervirán o ex notario lalinense, Vitorino Gutiérrez, o artista Armindo Salgueiro, e o escritor Gonzalo Navaza. En Silleda, será mañá, ás 21.00 horas, na Casa da Cultura coa presencia de Fran Rei, da Mesa, e convocado polos colectivos Adellís, Alto dos Xenerais e Galiza Nova.