«Arranxamos dende traxes de noiva a prendas de pel ou vaqueros»

LALÍN

19 feb 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

Carmen Carballude rexenta en Lalín un establecemento onde se arranxa calquer tipo de prendas e onde traballan cattro persoas.

-¿Cal é a época de máis traballo?

-Hai tempos no que se desborda. Os principios de tempada son as máis fortes e no verán tamén porque se merca máis roupa.

-¿Qué se demanda máis?

-Todo tipo de arranxos, sobre todo arreglos de pel e pezas de pantalóns... reforma de prendas. Un pocuco de todo dende subirlle a un baixo dun pantalón ata reformar unha prenda para adaptala as medidas do cliente.

-¿É caro?

-Os prezos varían según o traballo. Hai cousas sinxelas como coser un descosido dun pantalón que antes calquera o facía na casa pero ahora cada un ten o seu traballo e é máis práctico traelo a arranxar.

-¿En canto está lista unha prenda?

-Unha media de dous dias, as cousas pequenas incluso antes.

-Lle terán traído de todo

-Arranxamos traixes de noiva, de festa, prendas de pel. Nos tran dende un traxe de comunión a un vaquero.

-¿Qué clientela teñen?

-A maior parte das prendas as traen mulleres que deixan roupa delas e de toda a familia, pero cada vez temos maís clientes masculinos. Moita xente xoven que non se rompe a cabeza e traenos a roupa a arranxar. Unha parte importante da clientela é de Lalín tanto particulares como tendas as que lles facemos os arranxos, pero tamén moitas de Santiago e xente do trayecto entre Lalín e Santiago.