O forxador dun campión

LALÍN

SETE METROS | O |

11 may 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

CHEGADO A Lalín, alá polo 2002, o meu primeiro contacto real co Portadeza coincidíu con Dioni á fronte do banquiño roxinegro. Carente da memoria do afeccionado lalinense, un servidor preguntábase se o que vía cada semana na cancha era un histórico do balonmán galego ou unha banda de patio de colexio. Albiscar a calidade de Pincho, de Rubén ou de calquera outro xogador requería un virtuoso exercicio de imaxinación. Pasou un ano e chegou Xosé Couso. Media Liga tardou o adestrador agolense en devolverlle a fé e o amor propio o plantel. Á tempada seguinte converteuno nun equipo competitivo, capaz de clasificarse para unha fase de ascenso. E no terceiro ano completou a súa obra, a forxa dun campión. Coas súas limitacións técnicas, Couso gañouse un oco na historia dun club que da súa man recuperou o orgullo propio e o respecto e o temor alleos.