A peor imaxe de Lalín

LALÍN

SETE METROS | O |

16 ene 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

A vila de Lalín dispón de grandes embaixadores polo mundo adiante. A moda, a arte e o fenómeno do cocido son grandes valores propios que axudan a crear unha imaxe exterior moderna e atractiva da capital dezá. De aí que non estrañe o empeño que o Concello pon en potenciar eses valores, con iniciativas ás que destina importantes partidas das sempre limitadas arcas municipais. O que resulta sorpendente pois é ver como o goberno local de Lalín practica a máis absoluta das indiferencias cunha das fiestras que a fachada principal da localidade ofrece ao exterior. Porque iso é o que é o pavillón municipal no que xoga o Portadeza Lalín. Un recinto polo que cada ano pasan arredor dun cento de deportistas de fóra de Galicia, que retornan petrificados ás súas casas, conxelados nunhas instalacións en vías de extinción e cos ánimos quentes logo dunha boa ducha fría. Sen dúbida, un marco incomparable para subsé da Copa do Rei. Trinta anos ben valen un lifting . Lalín e o seu deporte meréceno.